Friday 01 de November de 2024

Recepción aos mandos do buque escola Juan Sebastián Elcano


Inés Rey presentou esta mañá a exposición “El viaje a la especiería de Magallanes y Elcano”, que estará na sala de exposicións do Palacio Municipal ata o 10 de xullo

A alcaldesa, Inés Rey, recibeu esta mañá no Palacio Municipal a D. Manuel García Ruiz, capitán de Navío e comandante do buque-escola Juan Sebastián de Elcano, que permanecerá na cidade ata o vindeiro domingo 10 de xullo. A rexedora fíxolle entrega dunha Torre de Hércules en cerámica e un libro sobre a Coruña, como mostra de agradecemento pola súa visita.

Durante a estancia do buque Juan Sebastián Elcano, a sala de exposicións do Palacio Municipal acollerá a exposición “El viaje a la especiería de Magallanes y Elcano”, con motivo da celebración do quinto centenario da primeira circunnavegación. Nela cóntase a historia da travesía de Magallanes e Elcano, unha ruta que terá a súa rúbrica o vindeiro ano 2023 na celebración dos Tall Ships Races Magallanes Elcano, regresando á Coruña na súa volta á Península Ibérica.